O pasado sábado 11 de decembro Mitra, compañeira de RAWA, achegounos con claridade como é a vida da poboación afgá tras anos de guerra e nestes momentos sufrindo a ocupación das tropas da OTAN.
![mitra_portuguese.jpg](http://www.rawa.org/rawa/data/upimages/mitra_portuguese.jpg)
Mitra comezou explicando, coa axuda de Irene que traducía, os graves problemas que sofre un Afganistán que se atopa no penúltimo lugar do mundo en canto a índice de desenvolvemento humano e no que o 80% da súa poboación está na pobreza. Sinalou tamém que as distancias entre ricos e pobres medran, exemplo disto é que na capital estanse a construír moitos servizos para os señores da guerra-droga que posúen grandes fortunas.
Quiso tamén deterse nos problemas que sofren as mulleres, vítimas de violencia dentro das familias, de matrimonios forzados, de agresións coma mutilacións ou queimaduras...; todo isto está na base do fenómeno da autoinmolación única saída que ven moitas mulleres.
E todo isto nun Afganistán que coa presenza de tropas de EE.UU. e dos países da OTAN ve como gobernan os corruptos tras as últimas eleccións que foron un gran pucherazo e no que o comercio de opio medrou de xeito considerable chegando a xerar o 92% da producción mundial.
Con este ambiente RAWA defende dende a clandestinidade os dereitos das mulleres e que tenta que a súa voz escoitese fora das súas fronteiras reclamando que marchen as tropas e que deixen á sociedade e as organizacións democráticas construír unha sociedade baseada na xustiza e na liberdade.